CORUÑA – Excursión á Ribeira Sacra do Sil (Viaxe en Barco polo Cañón do RíoAo chegaren an San Estevo de Ribas de Sil)

Comparte

O 9 de setembro tres autocares cheos de viaxeiros das nosas parroquias e doutras da cidade, sairon rumbo á Ribeira Sacra do Sil, con D. Severino, o Padre Alexander e Antonio Castro ao frente da expedición.

Visitaron o Miradoiro Presa de Santo Estevo, e no embarcadoiro subiron a unha barca para admirar ás extraordinarias vistas do Canon do Sil, observando os bancais cheos de froitos, proximos ma seren vendimados, na chamada “viticultura heroica” debido as fortes pendientes dos terreos cultivados.

Xantaron en Luintra, que rematou cun sorteo de dous xamóns entre os participantes. Pola tarde visitaron a Cidade das Burgas, Ourense, paseando polo centro e visitando as famosas fontes de auga quente.

Na Galería de fotos poden ollar diversos momentos deste día de lecer, ou pinchando nás fotos inferiores, agradecendo, unha vez mais, o traballo de José Miño, na obtención de estas imaxes.

Vídeo da navegación polo Río Sil