PRIMEIRO DÍA (LUNS 25 DE NOVEMBRO)
Amigos do Acordeón (Orquesta e Grupo Tradicional “Foles das Mariñas”
O luns día 25 de novembro estiveron nas instalacións parroquias, iniciando as actividades con motivo das nosas Festas Patronais, a Agrupación Cultural “AMIGOS DO ACORDEÓN” presidida por Maricarmen Vizcaino, coa súa orquesta de Acordeóns dirixida por Luis Correa, e a agrupación de Música Tradicional “Foles das Mariñas” dirixida por Alberte Núñez, que mostraron aos asistentes durante mais dunha hora o seu bo facer enriba do escenario, encandilando aos que os escoitaron con grande entusiasmo e extraordinaria conexión cos música.
Algúns dos momentos vividos poden ollalos na Galería de Fotos ou “pinchando en calquera das catro fotos que acompañan a noticia. A parte videográfica amosarase dentro dunhas horas.
————————————————————————————————————————————————————————————
El anterior contenido fue publicado en: